
Moitos foron os homenaxeados, lembro con moito agarimo os anos de escola cando chegado este día faciamos unha grande festa en Lugo. Lembro os premios que recibín polos concursos de poesía e de contos cando as Fillas da Caridade organizaban actividades para dar a coñecer á personaxe á que se lle adicaba o día.
Este ano María Mariño é o centro da homenaxe. Aínda que naceu en Noia e que vivíu en moitos lugares, asentouse no Courel, fermoso lugar con fermosa paisaxe. Pero naquel tempo, salvo algúns outros poetas, non se percibíu a grandeza do seu libro "Palabra no Tempo". Só ten en galego esta obra e outra, "Verba que comeza", e en castelán "Más allá del tiempo". Por iso, agora recupérase a súa obra e dase a coñecer a poesía fermosa, fermosa, fermosa:
De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todo
se por ninguén esquencida.
Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...
0 comentarios:
Publicar un comentario